Fontes

Mariquiña é, tal vez, o primeiro conto que recordo. Estes días volveume á cabeza, como tantas cousas que un ten por aí, arrombadas, do tempo no que os animais falaban... As fontes son as mesmas de sempre: o meu avó, Roque Méndez Prieto,  d'As Barreiras, parroquia de San Xoán de Poboeiros, Castro Caldelas. E meu pai, Gerardo Méndez Rodríguez.

O San Roque e a festa é un conto que óin por primeira vez ao meu avó, Roque Méndez Prieto, n'As Barreiras, parroquia de San Xoán de Poboeiros, Castro Caldelas. Despois, oínllo tamén a meu pai, Gerardo Méndez Rodríguez, moitas veces.

Os sapos e o carro é un conto que óin por primeira vez ao meu avó, Roque Méndez Prieto, n'As Barreiras, parroquia de San Xoán de Poboeiros, Castro Caldelas. Despois, converteuse nun dos favoritos de meu pai, Gerardo Méndez Rodríguez. Incluído na novela de próxima publicación "O baile do Sol", decidín traelo aquí, porque xa lle era tempo.

A coca quere ser un relato sobre a lenda da Coca de Redondela, recollido en . Este mesmo tema da Coca é un tema da preocesión de Santa Tecla, e A Teixeira, Ourense, que na Festa da Luz (o 5 de Agosto, a conexión coa Lugnasad non deixa de ser un plantexamento crible) sae en procesión cos seus "danzantes", e xa veremos se a coca viaxa tanto... ou nacen coquiñas.

O xastre e a silva recólleo Galicia Encantada en:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=895&n=[conto_tipo_1854_*]_o_xastre_e_a_silva
pero neste caso teño que dicir que meu avó, Roque Méndez, d'As Barreiras, parroquia de Poboeiros, Castro Caldelas, contárame ese conto sendo eu aínda rapaz (xa choveu desde aquela). Máis tarde oínllo a meu pai un cento de veces. Así que foi inevitable facer a miña propia versión do xastre valente.

O corvo, o queixo e a raposa é unha versión do conto tradicional recollido por Estefanía Quiroga Somoza, de Lito Somoza, en Suñide, Samos (Lugo), e que eu tomei de:
http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=7&id=825&n=[conto]__o_corvo_e_o_raposo
O dito do remate saqueino do caletre, pero procurando imaxes dei con este blog: http://tiafarruca.blogspot.com/
Grazas a todos.

O boticario sacauntos é un relato baseado nunha simple cita:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=6&id=1386&n=dúas_ducias_de_cocos:_sacaúntos
con certas complicidades cunqueirians e condescas, así como ecos de familiares ameazas dos días da infancia

Unha luz no ceo  é un relato baseado na dobre e moi contraposta interpretación das estrelas fugaces que se fai no Vicedo e nas parroquias de Mosende e Suegos, como se conta en:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=3&id=1678&n=estrela_fugaz

A Agulla do Demo é un relato baseado na lenda do lugar do mesmo nome, situado na parroquia da Abeleda, tal e como se conta en:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=20&id=48&n=a_agulla_do_demo

A cama de San Xoán é un relato inspirado polo lugar do mesmo nome, ao que se alude en:
http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=617&n=a_cama_de_san_xo%C3%A1n