Que hai aquí?

Outeiro dos Mouros foi o meu primeiro blog, e naceu como un experimento para publicar na rede relatos curtos de diversa factura. Como experimento xeral xa non tiña sentido: hai moito tempo que estaba parado, e que non facía honra ao seu nome.
O obxectivo é facer deste sitio un lugar dedicado a historias curtas de índole máxica, ou simplemente fantástica, creadas a partir ou relacionadas coas historias da tradición oral que o seu nome quixo sempre invocar.

O obxectivo é publicar unha historia cada semana. Cada venres, un relato.

Ningún comentario: